1/17
Tarjetas para la 1ª evaluación del módulo 3 del Ámbito social de la ESA
Name | Mastery | Learn | Test | Matching | Spaced |
---|
No study sessions yet.
¿Qué é o antigo réxime?
período de tempo que se iniciou en Europa no século XVI e que acada a sua plenitude no século XVIII
¿Cales son as características do antigo réxime?
a existencia dunha economía agraria de subsistencia, unha monarquía absoluta, unha sociedade estamental e a permanencia de estruturas feudais
¿Qué é unha sociedade estamental?
é aquela na que non existe movilidade social
¿Cándo comezan a desaparecer os trazos que definen ó Antigo Réxime?
foron desaparecendo gradualmente coa revolución francesa de 1789
¿En qué ano comenzou a Revolución francesa?
en 1789
Pirámide social do Antigo réxime
na base estaban os campesiños, os burgueses ou artesáns, logo os nobres e o clero, e finalmente o Rei
Os campesiños no Antigo réxime
son a base da pirámide social desa época, son os que traballaban e pagaban impostos
Os burgueses ou artesáns no Antigo réxime
estaban na base da pirámide social desa época, traballaban e pagaban impostos, e tiñan cultura
Nobres e clero no Antigo réxime
a diferencia dos campesiños e burgueses son privilexiados que non traballan e non pagan impostos, tendo tamén a sua propia xustiza
O Rei no Antigo réxime
estaba na cima da pirámide social e concentraba todo o poder nas súas mans
¿Qué é o poder absoluto no Antigo Réxime?
é a concentración de todo o poder nas mas do Rei
¿Qué é a Ilustración?
foi un movemento intelectual desenvolto en Europa no século XVIII que cuestinou todos os principios do Antigo Réxime
Qué defendía a Ilustración
defendía a fe absoluta na razón ou intelixencia como único medio de entender o mundo. Nin a autoridade, tradición ou revelación podían sustituir a razón, e todo o que non entendese ou aceptara era rexeitado como engano ou superstición
¿En qué crían os Ilustrados?
crían que a humanidade, grazas a intelixencia, podía acadar o coñecemento, que según eles era a base da felicidade e o obxectivo último da vida. Eran firmes partidarios da educación e crían no progreso humano, defendendo a tolerancia como base das relación humanas, criticando a intransixencia relixiosa
¿Qué foi o Despotismo ilustrado?
foi un movemento político da segunda metade do século XVIII que defendía o aumento do poder absoluto do Rei
¿En qué se caracterizaba o Despotismo ilustrado?
defendía o aumento do poder absoluto do Rei, para que axudado polas luces da razón, impulsase as reformas necesarias para aumentar a riqueza do reino e a felicidade e benestar dos seus súbditos
¿Cal foi o lema do Despostismo ilustrado?
todo para o pobo, pero sen contar co pobo
¿Quén foi o mellor representante do Despotismo ilustrado en España?
foi Carlos III