1/49
Flashcards de repaso para o exame de lingua galega.
Name | Mastery | Learn | Test | Matching | Spaced |
---|
No study sessions yet.
¿Cal é o obxectivo dos medios de comunicación?
Transmitir información a un gran número de persoas a través de radio, televisión, internet e redes sociais.
¿Que elementos empregan os medios de comunicación?
Lingua escrita, lingua oral, imaxes e/ou vídeos.
¿Cales son os elementos lingüísticos dos medios de comunicación?
Nivel de lingua estándar, estilo claro, enunciados breves e vocabulario sinxelo.
¿Cales son os elementos non lingüísticos dos medios de comunicación?
Imaxes, fotos, táboas, gráficos, vídeos, arquivos de son e hiperligazóns.
¿Cales son os xéneros xornalísticos?
Informativos, de opinión e mixtos.
¿Que fan os xéneros informativos?
Transmiten información obxectiva sobre un tema.
¿Que fan os xéneros de opinión?
Analizan e comentan feitos desde un punto de vista subxectivo.
¿Que fan os xéneros mixtos?
Combinan información e opinión.
¿Cales son os xéneros informativos?
Noticia e reportaxe.
¿Cales son os xéneros de opinión?
Editorial, artigo de opinión e columna, crítica.
¿Cales son os xéneros mixtos?
Entrevista e crónica.
¿Cales son os seis W da noticia?
Que?, Quen?, Cando?, Onde?, Por que?, Como?
¿Que é o titular nunha noticia?
Frase breve que resume o tema e intenta atraer a atención do lector.
¿Que é a entrada nunha noticia?
Primeiro parágrafo que recolle os principais elementos da noticia.
¿Que é o corpo da noticia?
Desenvolve con detalle o contido da noticia.
¿Cales son as formas nominais ou non persoais do verbo?
Infinitivo, xerundio e participio.
¿Que características diferencian as formas nominais das demais formas verbais?
Non expresan modo nin tempo, non teñen morfemas de número e persoa, e non poden ser núcleo do predicado.
¿Que expresa o participio?
Presenta unha acción no remate do seu proceso, admite flexión de xénero e número.
¿Que expresa o xerundio?
Expresa unha acción no seu proceso, funciona como un adverbio.
¿Que expresa o infinitivo?
Expresa unha acción na súa esencia, achégase ao uso do substantivo.
¿Que é unha perífrase verbal?
Expresión formada por un verbo conxugado seguido dun infinitivo, xerundio ou participio, ás veces unidos por unha preposición ou conxunción.
¿Cales son os elementos que constrúen unha perífrase verbal?
Verbo auxiliar, elemento de relación (preposición ou conxunción) e verbo auxiliado (forma nominal).
¿Cales son os tipos de perífrases segundo o seu significado?
Modais, temporais ou aspectuais.
¿Onde Naceu e morreu Eduardo Pondal?
Ponteceso, A Coruña.
¿Cales son as características da poesía de Pondal?
Celtismo e Helenismo
¿Cal é a obra máis coñecida de Eduardo Pondal?
Queixumes dos pinos
¿Que expresa un adverbio?
Expresa circunstancias de lugar, tempo, modo, cantidade.
¿Que modifica ou complementa un adverbio?
Modifica ou complementa o significado de verbos, adxectivos ou outros adverbios.
¿Cal é a clasificación formal dos adverbios?
Simple, composto e locucións adverbiais.
¿Cal é a clasificación semántica dos adverbios?
Lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación, negación, dúbida.
¿Que son as preposicións?
Palabras invariables que serven de enlace ou relación dunhas unidades gramaticais con outras.
¿Cal é a estrutura da frase preposicional?
Relator (preposición ou locución preposicional) e termo (frase nominal, frase substantiva, frase adverbial, pronome ou oración).
¿Que son as conxuncións?
Palabras invariables que só teñen significado gramatical, utilizadas para conectar unidades sintácticas entre si.
¿Como se clasifican as conxuncións segundo a súa función?
Coordinantes e subordinantes.
¿Que son as interxeccións?
Palabras invariables, xeralmente breves, cuxo significado depende da entoación e do contexto.
¿Cando se usa s?
Nas palabras que comezan por es- ou estra- (se non son prefixas) e nas palabras que levan -x- intervocálico.
¿Cando se usa x (pronuncia [ks])?
Extraer, expresidenta, extraescolar, hexaedro, climax, silex, télex.
¿Cando se usa x (pronuncia [])?
Adxacente, arxila, cervexa, clixé, conxuxe, graxa, inxección, paixón, proxecto.
¿Cando se usa l?
ampola, apelido, apostila, argola, area,cadea, campá,doar.
¿Cando se usa ll?
agasallo, amalló, aparello, bacallau,baralla, brillar, burbulla.
¿Cando se usa n?
aceno, albanel, asasino/a, boneca, cabana,cana cartelina.
¿Cando se usa ñ?
amañecer, adiviña, camiño, campesiño/a, comuñon, demoño (e endemoñado/a).
¿Cando usar por que?
Interrogativas directas ou indirectas, combinación da preposición por máis conxunción que, combinación da preposición por máis pronome relativo que.
¿Cando usar porque?
Oracións subordinadas causais.
¿Cando usar porqué?
Substantivo que significa «razón», «motivo», «causa» e sempre vai precedido dun determinante.
¿Cando usar conque?
Introduce unha consecuencia lóxica do que se acaba de dicir.
¿Cando usar con que?
Combinación da preposición con + que interrogativo ou exclamativo e combinación da preposición con máis conxunción que.
¿indica o futuro temporal?
Ir + infinitivo
¿indica o futuro inmediato temporal?
estar a/para+ infinitivo
¿indica o obrigação temporal?
Haber (de) + infinitivo, Haber (en forma impersoal) que + infinitivo, Ter que + infinitivo