Comunicación e gramática galega

Comunicación: Estudo dos Textos

Texto Xornalístico

  • Obxectivo: Transmitir información a un gran número de persoas.

  • Principais medios: Radio, televisión, Internet, e redes sociais.

  • Linguaxe:

    • Escrita

    • Oral

    • Imaxes e/ou videos

  • Elementos:

    • Lingüísticos:

      • Palabra (oral ou escrita)

      • Nivel de lingua estándar

      • Estilo claro, enunciados breves, vocabulario sinxelo

    • Non lingüísticos:

      • Imaxes, fotos, táboas, gráficos

      • Vídeos, arquivos de son, hiperligazóns (xornais dixitais).

Xéneros Xornalísticos

  • Informativos

    • Transmiten información obxectiva.

    • Exemplos:

      • Noticia

      • Reportaxe

  • De Opinión

    • Analizan e comentan feitos subxectivamente.

    • Exemplos:

      • Editorial

      • Artigo de opinión

      • Crítica

  • Mixtos

    • Combinan información e opinión.

    • Exemplos:

      • Entrevista

      • Crónica

A Noticia

  • Definición: Narración obxectiva dun feito de actualidade.

  • Estrutura:

    • Titular:

      • Frase breve que resume o tema.

      • Atrae a atención do lector.

      • Pode ter antetítulo ou subtítulo.

      • Características:

        • Brevidade e claridade.

        • Frases afirmativas.

        • Uso de substantivos e verbos.

        • Ausencia de signos de puntuación.

    • Entrada:

      • Primeiro parágrafo con elementos principais.

    • Corpo:

      • Desenvolve o contido en detalle.

      • Información en orde decrecente de importancia (pirámide invertida).

  • Os seis W:

    • Que? (What)

    • Quen? (Who)

    • Onde? (Where)

    • Cando? (When)

    • Como? (How)

    • Por que? (Why)

Formas Nominais do Verbo

  • Definición: Infinitivo, xerundio e participio.

  • Características:

    • Non expresan modo nin tempo.

    • Non teñen morfemas de número e persoa (excepto o infinitivo conxugado).

    • Non son núcleo do predicado.

O Participio
  • Función: Expresa acción rematada.

  • Uso: Semellante ao adxectivo.

  • Flexión: Xénero e número.

  • Formación:

    • I conxugación: -ado (cantado).

    • II e III conxugacións: -ido (comido, vivido).

  • Exemplo: As cadeiras están recollidas.

  • Complementos: Pode levar complementos e suxeito.

    • Exemplo: Labraron a leira anegada pola chuvia.

O Xerundio
  • Función: Expresa acción en proceso.

  • Uso: Semellante ao adverbio.

  • Formación: -ndo (cantando, comendo, vivindo).

  • Exemplo: Marchou chorando.

  • Complementos: Pode levar suxeito e complementos.

    • Exemplo: Comezou a conferencia loando as súas compañeiras.

O Infinitivo
  • Función: Expresa a acción na súa esencia.

  • Uso: Semellante ao substantivo.

  • Tipos:

    • Non Persoal: (cantar, comer, vivir).

      • Carece de morfemas de número e persoa.

      • Úsase nas perifrases verbais.

      • Funcións dun substantivo.

    • Persoal ou Conxugado:

      • Característico do galego e do portugués.

      • Ten morfemas de número e persoa.

      • Exemplo: De sairdes con tempo, mercade vós o pan.

  • Conxugación do Infinitivo Persoal (comer):

    • 1ª persoa:

      • Singular: comer

      • Plural: comermos

    • 2ª persoa:

      • Singular: comeres

      • Plural: comerdes

    • 3ª persoa:

      • Singular: comer

      • Plural: comeren

As Perífrases Verbais

  • Definición: Expresión formada por verbo conxugado + infinitivo, xerundio ou participio (ás veces con preposición ou conxunción).

  • Características:

    • Significación conxunta.

    • Unidade sintáctica (núcleo da frase verbal).

  • Elementos:

    • Verbo auxiliar (achega persoa, número, tempo, modo, aspecto e voz).

    • Elemento de relación (preposición ou conxunción).

    • Verbo auxiliado (forma nominal: infinitivo, xerundio ou participio; achega o significado léxico).

  • Tipos: Modais, temporais ou aspectuais.
    *Ten en conta:
    *Cando aparecen dous verbos xuntos que conservan o seu significado, trátase dun complexo verbal: deixeino arranxado, sei cantar… No caso das perífrases, o significado non é a suma dos dous verbos, senón o resultado da aparición conxunta de todos os elementos que a compoñen: botouse a chorar (comezou a chorar).

Os Adverbios

  • Definición: Palabras que expresan circunstancias (lugar, tempo, modo, cantidade).

  • Función Semántica: Modifican verbos, adxectivos ou outros adverbios.

  • Morfoloxía: Invariábeis (sen xénero nin número), pero poden ter derivativos.

  • Sintaxe: Núcleo dunha frase adverbial, con posibles modificadores.

A Frase Adverbial
  • Funcións:

    • Modificador de adxectivos ou adverbios.

    • Complemento circunstancial (CC) ou atributo.

Clasificación Formal
  • Simples: Un lexema (lonxe, antes).

  • Compostos: Dous ou máis elementos soldados (pasadomañá).

  • Locucións adverbiais: Dúas ou máis palabras con significado conxunto (de balde).

Clasificación Semántica
  • Clases de adverbios: Lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación, negación, dúbida.
    *Locucións adverbiais: funcionan como un adverbio e normalmente van precedidas de preposición.

As Preposicións

  • Definición: Palabras invariábeis que enlazan unidades gramaticais.

  • Locucións prepositivas: Grupos de palabras con función de preposición.

  • Sintaxe: Relator na frase preposicional.
    *Lembra:
    *Algunhas contraen cos artigos e con algúns adxectivos determinativos: ás, nos, das, cuns, destes, nesa, naqueles
    *As preposicións de e en contraen co pronome tónico de 3ª persoa: dela, neles

A Frase Preposicional
  • Estrutura: Relator (preposición) + Termo (frase nominal, substantiva, adverbial, pronome, oración).

  • Funcións: Modificador, CC, suplemento, CD, CI.

As Conxuncións

  • Definición: Palabras invariábeis con función gramatical que conectan unidades sintácticas.

  • Locucións conxuntivas: Conxuncións combinadas con outras palabras (xa que, agás que).

Clasificación Segundo a Función
  • Coordinantes: Unidades con mesma función sintáctica.

  • Subordinantes: Expresan dependencia sintáctica.

As Interxeccións

  • Definición: Palabras invariábeis (xeralmente breves) con significado dependente da entoación e contexto.
    *Interxeccións expresivas: expresan o estado de ánimo ou actitude do/a falante: ail, oh!, boh!, bah!…
    *Interxeccións apelativas: apelan ao oínte, procurando a súa reacción: ell, ola!, veña!…

Ortografía

Uso de S ou X
  • Usase s:

    • Palabras que comezan por es- ou estra- (escasa, estrañar).

    • -x- intervocálico (esixencia).

  • Escribense con s: almiscle, belisco, biscalño/a, biscoito, bisneto/a, esquerdo/a, lapis, mesquiño/a, mesquita, polisón, sentinela, torresmo, tisnar, vesgo, xasmin..
    *Non levan:
    *diminuir, subtraer, digresión (e derivados).

  • A grafía x [I]: traxe, xastre. xustiza
    *Grupo consonántico [ks]: exame, próxima, fax

  • Escribense con x (pronuncia [ks]):

    • Prefixos ex- e extra- (expresidenta, extraescolar).

    • Prefixos hexa- e sex- (hexaedro, sexaxésimo).

    • Rematan en -x (clímax, fax).

  • Escribense con x (pronuncia []): Adxacente, cervexa, conxuntura, graxa, paixón, proxecto, sinxelo, vertixe, xema, xeo, xiringa, xordo, xugo.

Palabras con L ou LL
  • Escríbense con l: ampola, apelido, balea, belo, cala, camelo, capela, crioulo, degolar.

  • Escríbense con ll: agasallo, amalló, aparello, bacallau, baralla, burbulla, cella, coello, gargallada.
    Non teñen --: pa, pau, angula, amidón, gabián, moer, pla, vixiar, veo, voo, xeo, xeado…

Palabras con N ou Ñ
  • Escríbense con n: aceno, albanel, boneca, cabana, cana, canón, cartolina, dano.

  • Escríbense con ñ: amañecer, adiviña, camiño, campesiño, compoñente, demoño (e endemoñado/a), enxeño, estraño/a, focinho, mariña/o, men-ciña (e menciñeiro/a), mesquiño/a, montaña, muiño, rabaño, raíña, rañura, secaño/a, soño, testemuño, xuño…
    Non teñen n nin ñ: abotoar, ameaza, amoestar, apisoar, area, cadea, campá, comadroa, contido, coroa, doar, estrea, razoar…

Uso de Por Que, Porque e Porqué
  • Por que

    • Interrogativo (Por que non chamaches?).

    • Preposición + conxunción (loita por que non haxa fame).

    • Preposición + relativo (motivo por que non chamei).

  • Porque: Conxunción causal (Non te chamei porque cheguei tarde).

  • Porqué: Substantivo (Descoñezo o porqué).

Uso de Conque e Con Que
  • Conque: Conxunción consecutiva (Non quería esperar, conque marchei).

  • Con que:

    • Preposición + interrogativo/exclamativo (Con que idea o dixo?).

    • Preposición + conxunción (chega con que o asine a directora).

    • Preposición + relativo (ferramenta con que arranxei a bicicleta).

As Perífrases Verbais

Temporais
  • Futuro inmediato: Ir + infinitivo (Vou recoller a mesa).

  • Inminencia: Estar a/para + infinitivo (O avión está para chegar).

  • Obriga: Haber (de) + infinitivo, Haber (en forma impersoal) que + infinitivo, Ter que + infinitivo, Deber (de) + infinitivo (Hai que devolver o libro).

Modais
  • Probabilidade ou dúbida: Haber (de) + infinitivo, Deber (de) + infinitivo (Deben de ser as tres).

Aspectuais
  • Imperfectivas (acción en desenvolvemento): Estar + xerundio / estar a + infinitivo, Andar + xerundio / andar a + infinitivo, Levar + xerundio / levar a + infinitivo,Ir + xerundio, Vir + xerundio, Seguir + xerundio / seguir a + infinitivo,

  • Perfectivas (acción rematada): Acabar de + infinitivo, Dar + participio (en contextos negativos), Levar + participio, Ter + participio (Acabo de avisar).

  • Reiterativas (acción repetida): Volver (a) + infinitivo (Xa volven ser amigas).

  • Incoativas (acción que comeza): Botar(se) a + infinitivo, Poñer(se)/pór(se) a + infinitivo, Comezar a + infinitivo, Dar en + infinitivo (Botouse a chover).

  • Terminativas (acción no final do proceso): Chegar a + infinitivo, Acabar por + infinitivo (Chegou a ser xornalista).