´Ámbito Gallego - Módulo 3, 1ª evaluación

0.0(0)
studied byStudied by 0 people
learnLearn
examPractice Test
spaced repetitionSpaced Repetition
heart puzzleMatch
flashcardsFlashcards
Card Sorting

1/17

flashcard set

Earn XP

Description and Tags

Ámbito Gallego - Módulo 3, 1ª evaluación

ESA

Galego

Study Analytics
Name
Mastery
Learn
Test
Matching
Spaced

No study sessions yet.

18 Terms

1
New cards

Orixe e formación do galego

a lingua galega é o resultado da evolución no noroeste da península Ibérica, do latín vulgar traído polos lexionarios románs. Esta zona adquiriu o status de provincia romana co nome de Gallaecia, e abranguía Galicia, o norte de Portugal e as provincias de Asturias, León e Zamora

2
New cards

As linguas de substrato

antes da chegada dos romanos, habitaban este territorio pobos de orixen indoeuropeo, como os celtas, que coa romanización asimilaron as costumes e cultura romana, e sustituiron as suas linguas polo latín

3
New cards

Cal é o Substrato prerromano

é o conxunto de trazos que deixaron as linguas prerrománicas no latín vulgar de Gallaecia

4
New cards

Topónimos prerromanos

os rematados en -abre, -ebre, -obre, -obe, como Alcabre

5
New cards

Léxico común prerromano

como amorodo, rodaballo, centola

6
New cards

A lingua de estrato, o latín

As tribos castrexas opuxéronse á invasión romana. Con todo, tras a conquista definitiva de Hispania por Augusto, os pobos indíxenas comezaron a querer asimilar a cultura romana, proceso coñecido como romanización. Este proceso implicou a adopción de costumes e sobre todo do latín, que converteuse na lingua oficial e de prestixio, dando orixe ás distintas linguas románicas

7
New cards

O superestrato xermánico

Os suevos foron o pobo xermánico que se asentou na antiga Gallaecia, creando un reino con capital en Braga, e aínda que foron derrotados e asimilados polos visigodos, deixaron unha pegada lingüística no galego, a pesar de que tiñan un nivel cultural inferior ó dos pobos hispánicos

8
New cards

Antropónimos e topónimos xermánicos

Blanca, Mondariz, Fernando

9
New cards

Léxico común xermánico

guerra, xabón, agasallo

10
New cards

O superestrato árabe. ¿Que impacto tivo a invasión árabe na Península Ibérica e na evolución das linguas románicas, como o galego-portugués?

A invasión árabe da península no 711 supuso un punto de inflexión na historia da península ibérica. Durante a reconquista, as linguas románicas como o galego-portugués, o castelán e outras, foron expandíndose pola península. A dominación árabe, más avanzada en ámbitos científicos e técnicos, deixou unha rica herdanza lingüística nas linguas románicas

11
New cards

Arabismos en galego

arroz, cenoria, almofada

12
New cards

O galego na idade media: o galego portugués

na Baixa Idade Media (S. X e XI), existían na Península Ibérica cinco linguas románicas principais: galego-portugués, astur-leonés, castelán, navarro-aragonés e catalán. O galego e o portugués comenzaron coma unha única lingua e viviron un período de esplendor entre 1250 e 1350, sendo utilizadas por todas as clases sociais, e representadas polos trobadores da Escola lírica GalegoPortuguesa. Con todo, a partir do século XIV, co proceso de unificación de Castela, o galego comezou a perder prestixio e foi substituído gradualmente polo castelán nos ámbitos oficiais e literarios.

13
New cards

O galego na Iade Moderna: os Séculos Escuros

A imposición do castelán polos Reis Católicos provocou un período de decadencia para o galego, coñecido como os "Séculos Escuros" (S. XVI-XVIII). O galego quedou relegado ao ámbito oral e popular, perdendo presenza na literatura e na educación. Naceu así a diglosia, co castelán como lingua de prestixio e o galego como lingua minorizada. A falta dunha norma escrita contribuíu á súa fragmentación dialectal.

14
New cards

O galego no século XIX: o Rexurdimento literario

o Rexurdimento literario está intimamente ligado ao sentimento de identidade galega e á defensa dos dereitos dos galegos. Comezou co Provincialismo, que reivindicaba a educación en galego e mellores condicións de vida. Destacan figuras como Nicomedes Pastor Díaz. O Rexionalismo, con Brañas e Murguía, defendeu a nacionalidade galega e a súa cultura. Rosalía de Castro, con "Cantares Gallegos", marca o inicio do Rexurdimento literario, seguida por outros autores como Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Nesta etapa nacen gramáticas e diccionarios en galego e se funda a Real Academia Galega.

15
New cards

Bloque occidental

zonas costeiras occidentais de Coruña e Pontevedra. Destacan a gheada, o seseo e o ditongo -oi pronúnciase -ui (moito como muito)

16
New cards

Bloque central

franxa máis amplia, que exténdese polo norte e interior da Coruña, interior de Pontevedra e case todo Lugo e Ourense. Presenta gheada na metade do bloque, a terminación -ao(s) para o masculino de -á (irmao, irmá), o plural de palabras masculinas en -n faise en -s (cas, aviós)

17
New cards

O bloque oriental

franxa oriental de Lugo e Ourense. Pronomes persoais tu e il, a terminación -ao(s) para o masculino de -á (irmao/irmá), o ditongo -io pronúnciase —ui

18
New cards

O galego estándar

é un modelo lingüístico que establece normas ortográficas e gramaticais para unificar as diferentes falas dunha lingua. Úsase en contextos formais como a educación, a administración, os medios de comunicación e o ámbito académico. O galego normativo é a variedade común que serve como exemplo do uso correcto e normativo da lingua para todos os falantes.