1/75
Looks like no tags are added yet.
Name | Mastery | Learn | Test | Matching | Spaced |
|---|
No study sessions yet.
Psicoloxía do desenvolvemento
Rama da psicoloxía que se centra no estudo dos cambios que van tendo os seres humanos ao longo da súa vida. Cambios que poden ser sociais, emocionais, motores ou cognitivos.
Código xenético
Conxunto dos xenes cos que nacemos. Determina as bases biolóxicas do noso desenvolvemento persoal. Ten dúas partes: o código xenético aberto e o código xenético pechado. O aberto rexe os aspectos máis plásticos, polo que permite que cada individuo se desenvolva de forma diferente a medida que crece. Pola contra, o pechado rexe o desenvolvemento innato, polo que establece uns desenvolvementos pautados en etapas que todo ser humano sen necesidades especiais van sufrir.
Desenvolvemento
Proceso de cambios psicolóxicos, motores, emocionais e sociais ao longo do tempo.
Desenvolvemento continuo
Concepción que establece que o desenvolvemento ocorre de forma continua e gradual.
Desenvolvemento discontinuo
Concepción que establece que o desenvolvemento ocorre, maioritariamente, en etapas diferenciadas.
Período sensible
Etapa do desenvolvemento na que o organismo é especialmente receptivo a certos estímulos ou aprendizaxes. Se non se aproveita esa etapa, a aprendizaxe pode realizarse máis tarde, pero con maior dificultade.
Período crítico
Etapa limitada no tempo na que é imprescindible recibir determinados estímulos para que se produza un desenvolvemento normal dunha capacidade. Se non se dá, a aprendizaxe ou función pode non chegar a desenvolverse.
Plasticidade
Capacidade que temos os seres humanos para adaptarnos e cambiar en resposta á experiencia. Permite que as funcións se modifiquen ao longo do tempo, especialmente nas primeiras etapas do desenvolvemento (onde máis plástico é).
Estereotipia
Conduta repetitiva e invariable sen motivo aparente. Observarse en nenos e nenas durante o xogo ou con necesidades especiais, como, por exemplo, no caso de trastorno de espectro autista (TEA).
Paradigma
Conxunto de ideas, teorías, métodos e exemplos que comparten os científicos nunha determinada época, servindo como marco de referencia para interpretar a realidade e guiar a investigación.
Calostro
Primeira secreción da glándula mamaria tras o parto. Contén numerosos anticorpos, proteínas e nutrientes. Así, proporciona protección inmunolóxica e favorece o desenvolvemento inicial do sistema dixestivo do recén nacido.
Etapa embrionaria
Fase do desenvolvemento prenatal que vai aproximadamente dende a implantación ata a semana 8 de xestación. Trátase dunha etapa crítica. Establécense as tres capas xerminais: ectodermo, mesodermo e endodermo. A partir das cales se formarán o sistema nervioso, os receptores sensoriais e a parte externa da pel; o circulatorio, excretor, reprodutor, locomotor e parte interna da pel; e os sistemas dixestivo e respiratorio, respectivamente.
Etapa fetal
Período do desenvolvemento prenatal que se estende desde a semana 9 ata o nacemento. Caracterízase por un rápido crecemento do feto, maduración dos órganos e sistemas formados na etapa embrionaria, e o refinamento dos sentidos. Tamén aparece a lanxue, vello fino e suave que cobre o corpo do feto e que desaparece nas primeiras semanas de vida.
Etapa xerminal
Comprende a primeira etapa prenatal que dura 15 días. Entre a fecundación e a implantación na parede do útero. Nesta etapa fórmase o cigoto e as células especialízanse. Primeiro fórmase a mórula, un conxunto de células que se forma tras as primeiras divisións do cigoto, semellante a unha mora. A continuación, fórmase a blástula, etapa da que se forma unha esfera de células con cavidade interna, previa á implantación.
Enfermidades transmitidas xenéticamente
Problemas de saúde que se transmiten dunha xeración a outra a través dos xenes. Distinguimos os autosomas, os xenes non asocidados ao sexo, e os gonosomas, os asociados ao sexo. Un grao de relación xenética alto por ter antepasados comúns, a consanguinidade, aumenta o risco deste tipo de enfermidades.
Fecundación
Unión dun espermatozoide cun óvulo que dá lugar a un novo ser vivo.
Marxe de reacción
Rango de tempo no que unha característica humana pode variar no seu desenvolvemento pola interacción de factores xenéticos e de factores ambientais.
Meconio
Primeiras heces do recén nacido, de cor escura e consistente. Composta por células epiteliais, mucosidade e líquidos do tracto intestinal fetal. Indica a maduración intestinal do bebé.
Parto
Proceso no que se dá a luz a un/unha bebé en tres fases. A dilatación, na que o colo do útero expándense facilitándolle o paso ao bebé mediante contraccións. Aquí debe expulsarse o tapón mucoso (moco que se forma no colo do útero e sela a entrada durante o embarazo). A expulsión, o intervalo entre a dilatación e a liberación do ou da bebe. E o alumbramento, a expulsión total do recén nacido, das sustancias e de todas as membranas. Se hai complicacións, denominámolo parto distócico. Tamén pode haber complicacións directamente relacionadas co ou coa bebé.
Reflexo
Resposta automática e involuntaria do sistema nervioso ante un estímulo específico. Existen os reflexos transitorios, que desaparecen, e os reflexos permanentes, que nunca desaparecen. Nos bebés de 0 a 3 anos, os reflexos primitivos (como o de succión ou agarre) son indicadores do desenvolvemento neurolóxico.
Técnicas de diagnóstico prenatal invasivas
Métodos para a diagnose de problemas na etapa prenatal. Destacan a amniocentese, unha punción abdominal con extracción e análise de líquido amniótico que se fai entre as semanas 15 e 18. Tamén a biopsia corial, unha análise do tecido placentario para o estudio cromosómico, do ADN e das enzimas fetais que se fai entre as semanas 11-12.
Test Apgar
Test que se realiza ao minuto e aos 5 minutos de nacer para comprobar o nivel de evolución do recén nacido. A mellor puntuación, máis evolución presenta.
Coordinación
Habilidade para sincronizar movementos musculares de forma eficiente e precisa. Son necesarios os procesos mentais e a resposta óseo-muscular.
Crecemento
Cambios continuos, pero non uniformes, na altura e peso. Implican principalmente ao cerebro e ao sistema óseo-muscular.
Desenvolvemento músculos flexores – extensores
Patrón no que primeiro se controlan os músculos flexores (dobrar un músculo) para despois ser capaces de controlar os extensores (estirar un músculo).
Desenvolvemento psicomotor
Proceso gradual e continuo polo cal o neno ou a nena, desde o nacemento ata os primeiros anos de vida, adquire habilidades motoras, cognitivas, emocionais e relacionais a través da interacción entre a maduración neurolóxica e a experiencia co contorno. Inclúe o control do corpo, a coordinación do movemento, a percepción, a comunicación e a autonomía, sendo especialmente relevante na etapa de 0 a 3 anos pola súa rapidez e plasticidade.
Equilibrio
Capacidade de manter o corpo estable e controlado. Intervén o cerebro, o sistema óseo-muscular e a percepción das distancias e do peso do corpo.
Esfínter
Músculo que controla a apertura e peche de orificios corporais, como a uretra ou o ano. É fundamental para controlar a micción e a defecación.
Esquema corporal
Representación mental que ten alguén do seu propio corpo, das súas partes, das súas posicións e das posibilidades dos seus movementos. É fundamental para a motricidade e a orientación no espazo.
Lateralidade
Preferencia funcional dun lado do corpo sobre o outro (pode ser de máns, pés ou ollos). Está relacionada co desenvolvemento cerebral e a dominancia hemisférica.
Lei céfalo caudal
Principio do desenvolvemento motor que indica que o control do movemento progresa da cabeza aos pés.
Lei próximo distal
Principio do desenvolvemento motor que indica que o control progresa do tronco e membros próximos ás zonas máis alonxadas do tronco, mans e pés.
Lei de motricidade fina
Principio que describe a evolución do control de movementos menos precisos das mans ata chegar a movementos moi precisos cos dedos.
Proceso de teleencefalización
Desenvolvemento cerebral no que o telencéfalo, que é a parte da corteza cerebral, medra e progresa máis rápido que outras áreas do cerebro. Esta evolución permite o desenvolvemento das capacidades cognitivas, emocionais e sensoriais durante primeiros anos de vida.
Ritmo
Capacidade de percibir e reproducir secuencias temporais regulares, esencial para movementos corporais, linguaxe e aprendizaxe musical.
Sinaptoxénese
Proceso polo cal se forman novas conexións sinápticas entre neuronas, fundamental para o desenvolvemento cerebral e a aprendizaxe nos primeiros anos. Pola contra, a poda sináptica é a eliminación das sinapses menos utilizadas no cerebro, permitindo un funcionamento neuronal máis eficiente e a consolidación das conexións máis importantes.
Ton muscular
Grao de tensión nos músculos que permite manter postura e realizar movementos coordinados. Pode existir un problema cando un neno ou nena é hipertónico, é dicir, que ten un ton muscular moi alto sempre, ou se é hipotónico, que ten un baixo ton muscular sempre. O normal é ser normotónico.
Acomodación
Proceso de modificación dos esquemas existentes para incorporar información nova que non encaixa nos coñecementos previos.
Adaptación
Capacidade de modificar os esquemas mentais para responder ás demandas do entorno, mediante asimilación e acomodación.
Asimilación
Proceso polo cal o neno integra nova información dentro dos esquemas ou coñecementos xa existentes.
Atención
Capacidade de concentrarse nun estímulo ou tarefa concreta, seleccionando a información relevante e obviando o resto.
Desenvolvemento cognitivo
Proceso polo que o neno ou a nena constrúe progresivamente as súas capacidades mentais, como a percepción, a atención, a memoria, a linguaxe, o pensamento e a resolución de problemas, a partir da interacción coa contorna e da maduración do sistema nervioso. Na etapa de 0 a 3 anos, caracterízase pola exploración sensorial e motora, a aparición do pensamento simbólico inicial e a comprensión progresiva da realidade.
Equilibrio (no eido cognitivo)
Estado no que o cerebro tende a estar en estabilidade mental. A clave é romper con ese equilibrio para aprender e así, volver a estar en equilibrio. Segundo Piaget, este desequilibrio-reequilibrio é fundamental para a aprendizaxe e adaptación.
Esquemas
Estruturas cognitivas ou patróns de acción que o neno utiliza para interpretar e organizar a experiencia.
Estadio-período sensiomotor
Primeiro estadio do desenvolvemento cognitivo (0-2 anos), no que o neno aprende principalmente mediante accións físicas e percepción sensorial, construíndo esquemas básicos e descubrindo a permanencia do obxecto.
Función simbólica
Habilidade para usar símbolos, palabras ou imaxes para representar obxectos, accións ou ideas ausentes.
Intelixencia
Capacidade de resolver problemas, aprender do entorno e adaptar o comportamento ás situacións novas.
Percepción
Proceso de recoñecemento e interpretación de estímulos sensoriais para comprender o entorno.
Reaccións circulares
Comportamentos repetitivos do neno ou nena que permiten explorar e aprender sobre o propio corpo e o ambiente; propias do período sensoriomotor. Repítense porque xeran pracer ou desfrute aos nenos/as.
Aprendizaxe simultáneo/sucesivo
Formas de adquirir unha lingua. A simultánea consiste en aprender dúas ou máis lingua dende a infancia. Isto favorece o dominio de varias linguas. Pola contra, a sucesiva consiste en aprender unha segunda lingua despois de xa ter dominada a primeira.
Comunicación
Proceso mediante o cal os seres humanos transmiten información, ideas, emocións ou mensaxes a outros mediante signos, símbolos, linguaxe verbal o non verbal.
Estilo referencial/expresivo
No estilo referencial, o neno/a céntrase en nomear obxectos ou feitos, é unha linguaxe descriptiva ou informativa. O estilo expresivo céntrase na comunicación de sentimientos, desexos ou emocións; forma parte dunha liguaxe máis social ou afectiva.
Fala materna
Tipo de fala que se acostuma a utilizar cos nenos/as pequeños/as no que se utiliza un ton de voz suave e un vocabulario sinxelo.
Fala telegráfica
Tipo de fala temprana en nenos/as no que só se empregan palabras esenciais, omitindo artículos, preposicións ou conectores.
Infraextensión/supraextensión
Errores no desenvolvemento do vocabulario na infancia. A infraextensión consiste en usar unha palabra unicamente para un obxecto concreto, non hai capacidade de abstracción. Pola contra, a supraextensión consiste en englobar conceptos diferentes que son parecidos baixo unha mesma palabra.
Pragmática
Rama da linguaxe que estuda como se utiliza a linguaxe en contextos sociais, é dicir, as reglas e función da linguaxe según a situación, intención do/a falante e a comprensión do/a oínte.
Protoconversacións
Interaccións prelingüísticas entre bebé e adulto/a, donde xa se intúen turnos na comunicación, xestos e vocalizacións, aínda que non haxa palabras aínda.
Apego (seguro, ansioso, evitativo e desorganizado)
Vínculo afectivo profundo que o/a bebé establece coa súa figura de coidado principal. No seguro sente protección e explora o mundo con tranquilidade. No ansioso (ou ambivalente) o/a bebé amosa ansiedade e dificultade para estar tranquilo, pois non sabe se a súa figura de coidado o atenderá sempre. O evitativo caracterízase por evitar o contacto; é máis distante. Finalmente, o desorganizado amosa condutas contraditorias, pois a súa figura de referencia é incoherente: a veces xera confianza e otras medo e inseguridade.
Autoconcepto
Percepción que o/a neno/a ten de si mesmo/a: quen é, como é, que pode facer. Entre 0 e 3 anos aparece o recoñecemento no espello e a conciencia do seu corpo e das súas capacidades.
Autocontrol/autorregulación
Habilidade para controlar impulsos, emocións e condutas. Nos primeiros anos é moi limitada, polo que o/a bebé necesita unha figura de apego que sirva de axuda para ir aprendendo a autorregularse.
Autonomía infantil
Capacidade do/a neno/a para facer cousas por si mesmo segundo a súa idade. Os/as adultos/as deben ofrecer apoio, seguridade e oportunidades para que os/as nenos/as a desenvolvan. Inflúe no autoconcepto e autoestima.
Emocións
Reaccións externas a procesos internos que xorden frente a un estímulo.
Estilo educativo (autoritario, permisivo, democrático)
Forma en que os/as adultos/as educan, establecen normas e se relacionan coa súa descendencia. No autoritario hai normas ríxidas e pouca comunicación. No permisivo hai moita comunicación e afecto pero as normas e límites non son claros. Por último, o democrático caracterízase por combinar a comunicación profunda e o afecto pero sabendo poner límites e normas.
Etapa de desconfianza básica
Primeira etapa psicosocial segundo Erikson (0-1 ano). O/A bebé desenvolve confianza se recibe o coidado axeitado, afecto e seguridade; ou desconfianza se os coidados son irregulares ou inexistentes.
Etapa de vergoña-dúbida
Segunda etapa psicosocial de Erikson (1-3 anos). O/A neno/a busca autonomía. Se se lle apoia, desenvolverá autonomía; se se lle critica ou limita en exceso, xorden vergoña e dúbida de si mesmo/a.
Persoalidade
Conxunto de características emocionais, sociais e temperamentais que fan único ao neno/a. Constrúese a partir do temperamento innato, as experiencias afectivas e o contorno familiar e social.
Temperamento
Conxunto de características innatas que fan que cada bebé reaccione de forma diferente ao mundo. É a base da personalidade e inflúe en como se relaciona e como xestiona emocións.
Ampa
Organización que representa ás familias no centro educativo, actuando tamén como intermediario e comunicador. Promove a participación activa das nais e pais, colabora en actividades escolares e contribúe á mellora da calidade educativa.
Consello educativo
Órgano de participación da comunidade educativa no goberno do centro. Está formado por representantes do profesorado, familias, alumnado (en etapas superiores), persoal non docente. Intervén na toma de decisións relevantes para o funcionamento do centro, así como fomenta a participación e a comunicación entre a comunidade.
Disciplina indutiva
Modelo educativo baseado no diálogo, a explicación das normas e das consecuencias das accións. Procura que o neno ou nena comprenda o impacto do seu comportamento nos demais, favorecendo a responsabilidade, a empatía e a autorregulación.
Educación (familiar e escolar)
Proceso continuo e compartido entre a familia e a escola orientado ao desenvolvemento integral do alumnado. A educación familiar céntrase principalmente no ámbito afectivo, social e moral, mentres que a educación escolar abarca todos os ámbitos e está estruturada e planificada.
Escola
Institución educativa formal. Complementa a acción educativa da familia e favorece as aprendizaxes académicas, de socialización e de autonomía, así como as relativas aos valores, normas de convivencia e autocoñecemento.
Familia
Grupo primario de convivencia no que a nena ou neno inicia o seu desenvolvemento persoal, social e emocional. É o primeiro axente socializador, coa función de transmitir valores, normas e afecto.
Período de adaptación
Tempo inicial no que o alumnado se incorpora por primeira vez a un centro educativo. Durante este período facilítase a transición do ámbito familiar ao escolar, respectando os ritmos individuais e garantindo un clima de seguridade afectiva.
Profesorado
Conxunto de profesionais responsables do proceso de ensino-aprendizaxe. Entre as súas funcións características atópanse a planificación educativa, a atención á diversidade, a avaliación do alumnado, a orientación educativa e a colaboración coas familias e coa comunidade educativa.
Relación familia-escola
Colaboración continua e coordinada entre as familias e o centro educativo co obxectivo de favorecer o desenvolvemento e benestar do alumnado. Esta relación materialízase a través de canles de comunicación, participación e toma de decisións compartidas.